Amenceu o día moi caluroso e moitas voltas lles demos ás guías e mais a internet en busca de algo semellante a unhas piscinas, pareceunos atopalo, chamábase Hula Kula (a guía definíao coma o maior parque de Polonia, con tobogáns e piscinas) pero resultou non ser o que buscabamos, senón a Biblioteca da Universidade, unha biblioteca enorme cuberta por un impresionante xardín botánico, a fachada representa unha serie de libros abertos e dispón tamén dunha parte con tendas e cafeterías, paseamos un pouco por ese lugar que é ben bonito aínda que non o que nós buscabamos, comemos uns sandwiches nunha cafetería e preguntamos se había algo do estilo do que nós esperabamos atopar alí. Uns rapaces moi amables faláronnos dun Parque Acuático chamado Wodny Park http://www.wodnypark.com.pl/index.php?page=galeria e ata alí chegamos sen moitas dificultades e grazas a que agora imos en coche. Pasamos alí a tarde pois case eran as sete cando marchamos, a verdade é que ben mereciamos unhas horiñas así de relaxadas despois dos once días que levamos pateando lugares sen moita tregua, o cansancio podía ser tanto coma o día que máis camiñamos pois eu penso que os cativos subiron máis de cincuenta veces aos tremendos tobogáns que despois os levaban por fóra do recinto cuberto para caer de novo no interior da piscina, pero está claro que ese cansancio lévase mellor…
Aproveitamos tamén o coche para percorrer outros lugares pintorescos e admirar os impresionantes edificios (uns modernos e outros reconstruídos tras a II Guerra Mundial) que conviven nesta gran cidade. E así fomos chegando ao noso apartamento, cansos unha vez máis e dispostos a cociñar, cear, contar catro contos e deitarnos ata mañá que seguiremos descubrindo novos e interesantes currunchos deste país. Ata mañá!!!
2 comentarios:
Pois eu din unha voltiña por Compostela lembrándome de ti :*
Jejeje, ¿a que mola o meu coche? ;o), é ghrandeeee. Ale, entón hoxe aproveito que tedes coche ghrandeeee e mándovos un bico enorme a consumir antes de desalquilar o vehículo.
Nunhas horiñas temos que devolver o coche Aivou, pero non te preocupes que pasei o teu bico ghrandee ghrandee para a mochilinha especial... :*
Publicar un comentario