Axiña saímos de Kobenhavn e collemos cara a Fionia que é a segunda illa de Dinamarca en tamaño, alí queriamos visitar a cidade de Odense que foi onde naceu Hans Christian Andersen.
Para pasar dunha illa a outra atravesamos unha ponte verdadeiramente impresionante, son nada menos que dezaoito quilómetros de distancia entre Selandia (a illa onde está Kobenhavn) e Fionia; para comunicalas fixeron unha tremenda ponte colgante de sete quilómetros, unha illa artificial e a continuación outra ponte longuísima. Á par nosa ía o tren que desapareceu en canto nós comezamos a atravesar o primeiro tramo, soubemos que para el había un túnel submarino do que saíu (totalmente seco, por certo) na illa artificial para continuar ao noso carón ata entrar na illa de Fionia. Que curioso foi seguilo coa vista!

Tiñamos moito interese en visitar o lugar onde viviu Andersen e asistir á representación de varios dos seus contos que tan famosos chegaron a ser: O parruliño feo (disque ten algo de autobiografía), O soldadiño de chumbo, Pulgarciña, O traxe novo do emperador, A sereíña… En canto aparcamos xa escoitamos música e aplausos, puidemos deste xeito asistir ao final da actuación dun pallaso co que aínda botamos unhas risas, paseando polo pobo vimos nun escaparate o cartel que anunciaba o espectáculo que buscabamos, faltaban tan só quince minutos para que dese comezo e chegamos a tempo de non perdernos nin a presentación desas bonitas adaptacións musicais dos contos de Andersen. Poño unhas fotos do ambiente tan chulo que alí se respiraba e a verdade é que é unha mágoa non podelas acompañar de música… Foi verdadeiramente espectacular!!!
Paseamos polo pobo disfrutando da tranquilidade dun montón de rúas polas que non pasan coches, adoquinadas, con casiñas moi pequenas e de madeira que parecen sacadas de contos infantís… que preciosidade!!!
Arredor das catro da tarde puxémonos a buscar o albergue no que imos pasar esta noite e que tamén está nun sitio chulísimo, rodeado de árbores e con moito campo arredor, é un lugar moi acolledor http://www.danhostel.dk/content/dk/hostel_details?HostelId=85
Instalámonos e saímos a coñecer máis lugares atractivos e a aprendermos moitas máis cousas novas. Botando unha ollada á guía demos cun lugar chamado Den Fynske Landsby (Aldea de Fionia) que nos gustou tamén moitísimo. Trátase dun museo ao aire libre formado por máis de vinte edificacións das zonas rurais desta illa e orixinais dos séculos XVIII e XIX, hai vivendas, escola, zonas de labranza, campos cultivados, animais (cabras, ovellas, vacas, cabalos…) alpendres nos que a xente se adica a practicar oficios artesanais (zoqueiros, tecelás, oleiros…). Paseamos arredor de dúas horas por este lugar, mollámonos cando choveu, secando ao sol, Paulo e Rosalía foron en carriño a maior parte do tempo… unha marabilla!

Ás sete pechou esta aldea tan singular e marchamos de novo á cidade de Odense, paseamos outra vez por esas rúas de conto e paramos nun supermercado a mercar comida para cearmos no albergue.
Ben abrigados ceamos fóra pois o albergue ten un campo moi xeitoso con mesas e bancos, mesa de ping-pong, xadrez xigante… e despois de cear xogamos un pedazo por alí, fixemos as camas (desta volta temos unha habitación para oito persoas: catro liteiras) e deitámonos a descansar para recuperar forzas e prepararnos de cara á xornada de mañá na que debemos percorrer un bo treito, imos a Suecia!!!
Moi boas noites e… ata mañá!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario