... e a piques está de rematar a conta atrás. Hoxe fomos buscar a Ánxela ao campamento onde pasou unha semana divertidísima tamén; veu cansa, moi cansa pero encantada e feliz contando unha e outra vez o ben que estivo: xenial!!!
Pola tarde un bo baño na piscina axudounos a coller folgos para deixar preparadas xa de hoxe as nosas mochilinhas e así podermos saír mañá en acabando o almorzo...
2 comentarios:
Agrandei a foto da piscina e vin que había churros...iremos a nadar!!!(algúns demostraremos todo o aprendido no curso de natación e FAREMOS que nadamos algo) Biquiños e boa viaxe
Jajaja... esperade por nos para nadar xuntos. Un bico grande desde a Biblioteca de Kobenhavn (grandisima tamen)!!!
Publicar un comentario