16/7/08

LUNS, dia 14

Conseguimos saír da casa ás 11:30h. coas nosas seis mochilinhas: papá leva unha grande e outra pequena, mamá tamén se coloca a grande ao lombo e pon outra máis pequena por diante, Iago e Ánxela levan cadansúa mochila mediana e Paulo e Rosalía irán ben atentos para non perderse; os seis levamos as mans libres co que será doado irmos xuntos e non despistarnos os uns das outras…

Comezamos así a circular cara a Madrid a onde chegamos tras unha única paradiña en Benavente para xantar. A viaxe foi amena, Rosalía e Carlos aínda botaron unha sestiña; Ánxela aprendeunos cancións do campamento; contamos unha vez máis a historia de “Saltapinos”, un xigante que tivo a mala sorte de perder os calcetíns cando ía dando saltos cara a Madrid, alguén que os atopou enganchounos nuns paus moi altos que se ven en moitos dos viadutos que hai na autoestrada, son de raias vermellas e brancas e indican a dirección do vento… vístelos algunha vez? Tamén botamos unhas boas risas a conta de Rosalía e o GPS:

GPS: Mantéñase á esquerda, mantéñase á esquerda…
Mamá: Que dixo?
Rosalía: Que hai montañas á esquerda!!!!


Entre unha cousa e outra axiña nos instalamos no Hotel Osuna e non nos levou nadiña vestir os bañadores para refrescarnos e xogar na piscina que tanto apetecía cando fóra da auga o termómetro marcaba 36ºC





Despois dunha boa ducha, de cear na terraza do mesmo hotel e antes de irnos deitar, gastamos no parque infantil os folgos que aínda nos quedaban. A verdade é que sentimos non achegarnos ao centro de Madrid e pasearnos polas “rúas do Monopoly” como o ano pasado pero é que con estas temperaturas tan altas e despois de facer 550 quilómetros en coche, mereciamos máis a tranquilidade da piscina e arredores do hotel.

E con este cansancio e ilusión rematamos o primeiro día da viaxe dispostos a vivir mañá outra xornada de desprazamentos: furgoneta, avión, coche… para, se todo vai ben, chegar a durmir a Dinamarca!!!


3 comentarios:

Sabela dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Os Tartarouchos dijo...

Oh! Pero que ben nos informas, Sabeliña!

Grazas por levarnos convosco de viaxe! Seguro que esas mochilas pesan se cadra un chisco máis.

Sabela dijo...

Que van pesar muller!!! Non sabes canto axudades desde esa mochilinha especial...
Moitos bicos desde Suecia.