Ás nove da mañá comezamos a rebulir nas camas e erguémonos para refacer de novo as mochilas e deixar as habitacións. Almorzamos na cafetería e avisamos en recepción de que esperabamos a furgoneta do hotel para desprazarnos ao aeroporto, é un servizo que se agradece un montón! Chegamos á T4 arredor das 10:30 como tiñamos previsto e, mentres uns faciamos cola no mostrador de facturación, os outros sacabamos as tarxetas de embarque na máquina pois viaxamos con billetes económico-electrónicos… deste xeito non perdemos tempo ningún; xa con todo facturado pasamos os controis pertinentes sen problemas (só un breve cacheo a mamá) e esperamos pouco máis de media hora na sala de embarque. Preguntamos no mostrador se sería posible cambiar os asentos porque o ordenador asignounolos ao chou e cadrou que teriamos que ir os seis dispersos polo avión, non houbo problema ningún e puidemos viaxar ocupando unha fila completa: de ventá a ventá. Deste xeito as tres horas de vo resultaron máis levadeiras, tamén nos entretivemos un montón coa prensa, facendo pasatempos, debuxando, chupando piruletas…
Coa puntualidade característica destas latitudes tomamos terra no aeroporto de Kobenhavn arredor das 15:00; mentres esperabamos as mochilas aproveitamos para tomar unha salchichas e cambiar euros por coroas danesas (1€ = 7,35DKK)Sergio, o padriño de Rosalía, veu esperarnos ao aeroporto e axudounos un montón nos trámites para recoller o Toyota de sete prazas que alugamos para unha semana. Acomodámonos de xeito que colleron tódolos petates no coche e mais nós os sete, Sergio deixou a súa bici no aeroporto e acompañounos así ata o albergue no que durmiremos estas tres primeiras noites http://www.hihostels.com/dba/hostels-Copenhagen-Bellahøj-016003.en.htm
Aissssss, chegar coas mochilas ao albergue “xuvenil”, aínda que sexa en coche e con catro fillos arredor, rexuvenece a calquera…!!!!
Instalámonos nunha pequena habitación pero que ten seis camas, decidimos como nos distribuiriamos pois iso das liteiras de arriba mola un cacho (Ánxela e Iago durmirán nelas) e saímos cara ao centro de Kobenhavn (outro bo invento que nos acompaña este ano é o GPS que nos axuda a aforrar aínda ben tempo e quilómetros…)
Instalámonos nunha pequena habitación pero que ten seis camas, decidimos como nos distribuiriamos pois iso das liteiras de arriba mola un cacho (Ánxela e Iago durmirán nelas) e saímos cara ao centro de Kobenhavn (outro bo invento que nos acompaña este ano é o GPS que nos axuda a aforrar aínda ben tempo e quilómetros…)
Gustounos moitísimo pasear polas rúas do centro da cidade lembrando un montón de lugares e situacións vividas na anterior visita que fixemos a Dinamarca hai xa cinco anos; daquela foron dous intensos meses os que pasamos por aquí coñecendo un montón de lugares e incluso traballando (eramos repartidores de prensa polas noites, en bicicleta) para podermos levar mellor o alto nivel de vida que se gasta esta xentiña de por aquí.
Pois iso, un paseo que nos prestou mogollón polas céntricas rúas e prazas da cidade: Rådhuspladsen, Strøget, Kongens Nytorv, Nyhavn… e que rematamos xa ben cansos no Kongens Have (Parque do Rei) co castelo Rosenborg (alí mesmo asistiramos hai cinco anos a un festival de jazz ben chulo) tirámonos na herba, fixemos volteretas, corremos, xogamos na area do parque e ata ceamos alí deitados unhas pizzas, auga e cervexa que mercamos no supermercado.
Axiña parecía que comezaba a ir frío e a oscurecer (faise noite arredor das 10 a amanece ás 3 da mañá) e decidimos ir recollendo, fomos buscar o “noso” coche e nel acompañamos a Sergio á súa casa para continuar despois nós ata o albergue. Por alí estivemos un pedazo curioseando nas zonas comúns: sala de lectura, de televisión, baños e duchas e a continuación subimos ao dormitorio para acomodarnos nel fixando nas nosas cabeciñas tantas cousas novas como aprendemos hoxe e preparándoas para o que ha vir mañá… De seguro que vai ser outra xornada ben completiña e enriquecedora.
Estes días di mamá que semella que voltamos á “idade do por que”, por que o dirá?
Ata mañá…
No hay comentarios:
Publicar un comentario