13/7/08

PREPARANDO as MOCHILINHAS

A mochila grande de Carlos (roupa e calzado), a de Sabela tamén dun tamaño considerable (a mochila, claro), a que levan Iago e Ánxela cando van de campamento (e que aínda hoxe está acampada en Marcelle), a do portátil, cámara, cadernos e guías (para buscar información e sacar maior partido a cada un dos lugares que visitemos), a dos malabares (quen sabe se este ano tamén teremos oportunidade de malabarear na rúa a cambio dunhas poucas coroas suecas ou danesas) e as mochilinhas cos sacos inchables para durmiren Paulo e Rosalía por Europa adiante...

Pois nesas estamos, comezando hoxe sábado día 12 a preparar as mochilinhas que nos acompañarán na viaxe deste verán por Madrid, Dinamarca, Suecia e Polonia. Non poden ser máis de quince días pero que esperamos vivir con tal intensidade e ilusión que estamos seguros de que resultarán inolvidables e ao longo deles aprenderemos tantas e tantas cousas como cada ano que saímos da casa para coñecer novos lugares e vivir diferentes e irrepetibles experiencias.

3 comentarios:

Aivou dijo...

Se se pode querería reservar un anaquiño de mochilinha para un bico enorme e unha aperta que vos acompañen e que me leven un pouquiño polo mundo adiante... sodes os mellores :*

Sabela dijo...

Oh, non a citei pero deches axiña con ela ;)
A mochilinha máis prezada de todas cantas levamos é... a que leva eses bicos, apertas e un anaquiño de cada unha/un de vós!

Raquel dijo...

Hola!!!! Que envidida dades! Pero sana.
Alégrome moito de que o pasedes tan ben.
Por certo, salides muy ben nas fotos.
Bicos para todos.