Non paramos máis ca en Valcarce para xantar, facer a última foto da viaxe e continuar percorrendo quilómetros a bo ritmo ata chegar a Muimenta.
Así foi posible chegar a tempo para ese partido de tenis que Iago tiña que xogar e irnos instalando de novo na nosa casa. A herba medrou un montón e unha boa pandilla de formigas voadoras invadiron un curruncho da sala; comezamos así a recoller cada cousiña para o seu lugar (como di a canción do cole de Rosalía) e intentaremos pouco a pouco normalizar as nosas vidas tras estes quince días intensos e inolvidables.
Graciñas a todas e todos por acompañarnos na viaxe e por seguirdes aí; encantounos “levarvos” con nós…
Ata sempre!!!
Rosalía, Paulo, Ánxela, Iago, Carlos, Sabela e as nosas mochilinhas (que xa subiron á parte alta do armario onde descansarán ata dentro duns días en que irán coñecer a Fluvi...)
5 comentarios:
Pois eso, que benvidos, e que eu de maior quero ser coma vos :o)
Pois eu espero que "de maior" sigas sendo tan guai como agora... non te botes a perder ;-)
Grazas por todo.
Que ben o pasei con vós! Nos vos pouiden seguir día a día pero si que cando teño conexión paseei con vós por eses lugares tan estupendos nos que estivéstedes.
Grazas por compartilo e boenvidas e benvidos!
Grazas a ti Catuxa, por acompañarnos na viaxe e recibirnos así de ben á volta. Bicos e bo verán.
Enteireime tarde da vosa existencia pero encantoume a viaxe por Europa. De verdade que sodes uns mochilinhas.
Publicar un comentario