Aproveitando a proximidade á casa, a calor e tamén o cansancio, subimos a descansar un pedazo e refrescarnos para saír de novo. Mentres tanto adicámonos a gravar uns videos “malabareando” no salón do apartamento co enorme Vitrubio que adorna unha parede, de paso ensaiamos para ir actuar pola tarde á Cidade Vella…
E tras este ensaio, veu a GRAN ACTUACIÓN na Praza do Castelo...
E aquí tedes o vídeo por xentileza de Ánxela que o gravou...
Foi outra experiencia moi agradable, non nos preocupaba que a xente nos botase moedas pois o que nos satisfai e nos leva a actuar non é máis que o placer de poñer unha nota de cor e sorrisos na cara da xente que pasa e nos mira, aplaude ou se fotografía con nós… De todos modos, cando fixemos “caixa” tiñamos nada menos que 73 złotys e 18 groszys que veñen sendo arredor de 24€. Despois continuamos o paseo pola Cidade Vella parando unha vez máis na impresionante Praza do Mercado que tanto nos gusta…
De volta pola Praza do Castelo observamos como uns rapaces facían Break Dance e, como non podía ser doutra maneira, botámoslles unha moediñas…
Deste xeito despedímonos da cidade e tamén do noso apartamento no que durmiremos esta última noite antes de partir rumbo a España primeiro e Galicia a continuación.
As nosas queridas mochilinhas xa están preparadas, así que moi boas noites a todas/os e ata dentro de nada que xa estaremos por aí…
1 comentario:
Pois... acompáñovos tamén na viaxe de volta, que, aínda que remate esta aventura, voltar a casa tamén ten o seu puntiño :o), benvidos sempre :*
Publicar un comentario