30/8/08

CADERNO de VIAXE

a
a
Ola!!!


O noso caderno de bitácora chega neste intre ó seu final pero...





...se queres acompañarnos desde o principio nas peripecias que fomos verquendo neste "diario" aínda estás a tempo. Non tes máis que premer aquí e situaraste nos preparativos dunhas novas vacacións inesquecibles.

Tanto se decidiches lernos como se simplemente vas curiosear as fotos, só me queda desexarche unha feliz andaina pola nosa viaxe e agradecerche a compañía.

Daquela, moitas grazas...



Sabela

30/7/08

MARTES, día 29

Con tranquilidade erguémonos e recollemos o pouco que desfixeramos das mochilas para pasar a noite en Madrid. Despedímonos en recepción e iniciamos viaxe en coche cara a Muimenta.

Non paramos máis ca en Valcarce para xantar, facer a última foto da viaxe e continuar percorrendo quilómetros a bo ritmo ata chegar a Muimenta.


Así foi posible chegar a tempo para ese partido de tenis que Iago tiña que xogar e irnos instalando de novo na nosa casa. A herba medrou un montón e unha boa pandilla de formigas voadoras invadiron un curruncho da sala; comezamos así a recoller cada cousiña para o seu lugar (como di a canción do cole de Rosalía) e intentaremos pouco a pouco normalizar as nosas vidas tras estes quince días intensos e inolvidables.

Graciñas a todas e todos por acompañarnos na viaxe e por seguirdes aí; encantounos “levarvos” con nós…

Ata sempre!!!


Rosalía, Paulo, Ánxela, Iago, Carlos, Sabela e as nosas mochilinhas (que xa subiron á parte alta do armario onde descansarán ata dentro duns días en que irán coñecer a Fluvi...)